martes, 11 de diciembre de 2007

Crónica (breve, clara y simpática) de un viaje a Addis Abeba

Ovidio, Amparo, Abdí y Abdul acaban de regresar de Addis Abeba. Reproducimos (con su permiso) la parte del correo que nos envió Ovidio en el que cuenta el viaje en nueve pinceladas. Una mixtura bien ligada del humor de Os Ancares y el de Etiopía. Benvida, familia.
Así nos lo cuenta:

-Voar con Ethiopian Airlines é mais barato, comunica moi ben os enlaces e non cobra recargo por modificar datas de regreso ó tempo que se colabora na mellora dese país.

-Addis Abeba está patas arriba, semella a Coruña nos mellores tempos de Paco Vázquez cando dicían que buscaban tesouros no "underground". Un montón de amplas avenidas construídas por chinos con man de obra local barata e que leva por diante o derribo de un montón de vivendas. Que sexa para ben a pesares dos "efectos colaterais da destrución masiva".

-Vense moitos nenos pola rúa, o parecer porque unha gran maioría están escolarizados todo o día. Antes so era media xornada en moitos casos.

- Condoleezza Rais visitou o país mentres eu paseaba polas rúas pero nin se dignou a saudarme. Alá ela…

-Quen sí se dignou a falar comigo foi Pepe Rubianes que está a preparar un espectáculo, "La Sonrisa Etíope" que estreará pronto en Barcelona. Deixeille caer que estariamos encantados de que paseara o espectáculo por Galicia e dixo que lle transmitía a idea ó produtor: falaremos para o mes próximo. Tamén me falou do famoso Gil. Estaba jodido por haber sido engatusado por semellante "encantador de serpes".

-O imnombrable Gil sigue vivindo na casa de acollida que el mesmo creou: As administracións non saben que facer con el nin cos rapaces que tutela.

-Os de AFNE estaban a visitar o proxecto de centro que están a desenvolver. Apenas os vin pois xa marchaban.

-Fixen unha serie de fotos que penso poden valer para a exposición de xuño en Santiago ou outras similares.
-Tamén fixen un estudo científico comigo mesmo: o número total de cafés etíopes tomados é directamente proporcional o incremento da cilindrada da moto que conduzas (teñas moto ou non). Sobre a inxesta da injera estou a espera dos resultados ata o de agora satisfactorios

No hay comentarios: